Mundo Novias

Mundo Novias

Empresa fundada en Vigo en 1977 coa denominación de Mariess Novias. A mediados da década de 1980 impulsou o deseño de vestidos de noiva e traxes de madriña e de festa. En 1986 presentou oficialmente a súa propia colección. Conta con quince tendas en franquicia en España e con sete establecementos en Portugal, México e Suecia, entre outros países.