Munt i Quevedo, Silvia
Munt i Quevedo, Silvia
Actriz teatral e cinematográfica. O seu traballo na versión cinematográfica da obra homónima de Mercé Redoreda La plaça del diamant (1982, Premi de Cinematografía da Generalitat de Catalunya á mellor actriz, 1983) abriulle as portas do cine. Sen abandonar o teatro, participou nos filmes Els papers d’Aspern (1991), Alas de mariposa (1991, Goya á mellor actriz, 1992), La pasión turca (1994, Premio Sant Jordi, 1995), Secretos del corazón (1997) e Aunque tú no lo sepas (2000). Tamén dirixiu a curtametraxe documental Lalia (1999, Premio Goya ao mellor documental, 2000).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona