muntjak

muntjak
Nome científico: [Muntiacus muntjak, Fam dos cérvidos]
s m [ANIMAL]

Mamífero artiodáctilo que mide entre 50-65 cm e pode chegar a pesar ata 18 kg. Presenta unha coloración castaña, e os machos diferéncianse das femias por posuír unha cornamenta fina, algo bifurcada, e con pelo na base, así como uns caninos superiores ben desenvolvidos (20 mm, repecto aos 5 mm que miden os das femias), e que sobresaen un pouco da mandíbula. É solitario e nocturno, momento en que se alimenta de herba, froitos e follas. Habita en selvas tropicais, ata os 3.000 m, e vive principalmente en India, Indonesia e China, de onde é orixinario; en Europa está presente no S de Inglaterra. OBS: Tamén se denomina cervo muntjak.