Müntzer Münzer

Müntzer Münzer

Teólogo. Reformador e revolucionario, polemizou con Lutero pola elaboración dunha doutrina propia e dunha liturxia alemá. Co Manifesto de Praga (1521) intentou convencer os irmáns bohemios e, en Allstedt (Saxonia), agrupou cidadáns e labregos coa idea de restablecer o aspecto comunitario do cristianismo. En 1524 Lutero preveu aos príncipes alemáns contra el porque se unira aos anabaptistas e aos campesiños rebeldes (Guerra dos Campesiños). Foron derrotados por unha coalición de católicos e protestantes, prendérono e decapitárono.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Stolberg, Saxonia

  • Deceso

    Lugar : Mühlhausen, Turinxia