Mur Oti, Manuel
Realizador cinematográfico, guionista e escritor. Impulsou, xunto a Antonio del Amo, a creación da produtora Sagitario Films (1947), que financiou as tres primeiras películas de del Amo, todas elas escritas por Mur Oti, das que destaca Cuatro mujeres (1947). Tamén fundou a compañía de produción Celta Films. Traballou para TVE na dirección de programas de éxito como Hoy dirige ou La otra cara del espejo na década de 1960, e foi guionista das series televisivas Cañas y Barro (1978) e La Barraca (1979). O seu primeiro filme como director foi Un hombre va por el camino (1949), ao que seguiron Cielo Negro (1951), Condenados (1953) e Orgullo (1955), obras en que se aprecian as características esenciais do seu cine. Tamén destacan as súas películas Fedra (1956), La guerra empieza en Cuba (1957), Duelo en la cañada (1959), Milagro a los cobardes (1962), El escuadrón del pánico (1966), Loca juventud (1967) e Morir...dormir...tal vez soñar (1976). Como escritor debutou coa novela Destino negro (1949) e escribiu ademais un libro de poemas, Espirales, dramas e comedias teatrais. Gañou o Goya de Honor polo conxunto da súa carreira (1993).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo -
Deceso
Lugar : Madrid