Murdoch, Keith Rupert
Murdoch, Keith Rupert
Empresario da comunicación australiano. Naturalizado estadounidense, formouse en economía, historia e filosofía na Oxford University. Propietario do grupo News Corporation, controla diversas empresas de comunicación en varios países do mundo, como os xornais The Times e The Sun, e o semanario News of the World. En 1985 adquiriu a 20th Century Fox e posteriormente desenvolveu a televisión dixital en Europa a través de Newco. Ademais, creou a Phoenix Satellite Television para a emisión por cable en China e a canle Fox News Channel para EE UU.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Melbourne