Murena, Lucio Licinio
Murena, Lucio Licinio
Político e estratega romano. Gobernador de Asia, provocou a segunda guerra contra Mitridates VI do Ponto (83-81 a C) e, logo de recibir a axuda de Lucio Cornelio Sula, conseguiu o triunfo. O seu fillo Lucio Licinio Murena deulle o nome á Lex Licinia Iula sobre a notificación das propostas de lei.