murénido -da

murénido -da

(< lat científico Muraena)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos murénidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos murénidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes actinopterixios, da orde dos angüiliformes, que poden chegar a medir 3 m de lonxitude. Teñen a cabeza pequena, o fociño cónico, os dentes fortes, a boca ampla, os orificios nasais tubulares e a fenda branquial moi pequena. A pel é graxenta e resistente, sen escamas e con abundantes glándulas mucosas. Son carnívoros moi voraces e ocasionalmente agresivos, e habitan as costas rochosas dos mares temperados e tropicais. A esta familia pertencen as moreas.

Palabras veciñas

mureína | mureira | Murena, Lucio Licinio | murénido -da | Mureş | Mureş | murexida