Murge, Le
Murge, Le
Rexión xeográfica de Puglia, Italia, que constitúe un vasto altiplano que se estende ao longo da costa do Mar Adriático, cara a onde descende, entre o val do Ofanto, ao N, e o istmo de Tarento-Brindisi, ao S. Está pouco poboada e os seus principais cultivos son as amendoeiras, viñas e oliveiras.