Murieda

Murieda
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega orixinaria do lugar homónimo da provincia de Lugo. Trae escudo partido; primeira partición, en campo de azul, unha torre de ouro, superada de cinco estrelas de prata colocadas en aspa; segunda partición, de prata, cunha árbore de sinople, arrincada, acostada de oito panelas de goles, catro en cada flanco, colocadas en pau; bordura de goles cargada coas letras de sable: Ave Maria Gratia Plena.