Murillo Cornado, Gerardo

Murillo Cornado, Gerardo

Artista e escritor mexicano. Coñecido como Doctor Atl, foi director da Escuela Nacional de Bellas Artes de México (1914-1915) e un dos creadores da Liga Internacional de Escritores y Artistas. Viaxou a Europa, onde se interesou especialmente pola pintura renacentista, a neoimpresionista e a fauvista. Estudoso da arte popular do seu país, foi un dos precursores do muralismo mexicano. Como escritor, cultivou a ficción literaria e o ensaio. A súa afección polos volcáns manifestouse nas súas pinturas La sombra del Popocatépetl (1942) e Erupción del Paricutín (1943), así como nas obras escritas Las sinfonías del Popocatépetl (1924) e Cómo crece y nace un volcán: el Paricutín (1950). Tamén publicou Las artes populares de México (1921) e Cuentos de todos los colores (1933-1941).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Guadalajara, Jalisco

  • Deceso

    Lugar : Ciudad de México