Muros de Nalón

Muros de Nalón

Municipio de Asturias, situado na costa, ao O da ría de Pravia, onde desemboca o Nalón (2.178 h [2001]). A poboación está maioritariamente diseminada. A cabeza do termo é Muros. A economía baséase sobre todo no sector primario; gandaría, agricultura, actividades pesqueiras, e a industria derivada del.