Murphy, William Parry
Murphy, William Parry
Médico estadounidense. Estudou na University of Oregon e en Harvad University, onde se doutourou en 1920. Realizou investigacións sobre a eficacia da insulina contra a diabete, e sobre o tratamento da anemia perniciosa. Escribiu o libro Anemia in practice (1939). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1934), xunto con G. H. Whipple e G. R. Minot, polos descubrimentos sobre o tratamento da anemia perniciosa.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Stoughton, Wisconsin -
Deceso
Lugar : Brookline, Massachusetts