muruxa
muruxa
Nome científico:
[Stellaria media, Fam das cariofiláceas]
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea anual, de pequeno tamaño, de talos cilíndricos, que presenta as follas inferiores ovadas e con pecíolo e as superiores sésiles, as flores pentámeras de cor branca de sépalos bífidos, e o froito en cápsula. Trátase dunha planta propia de marxes de camiños. Florece durante case todo o ano en toda Galicia. Emprégase como planta medicinal.