mus
mus
(< voz vasca < fr mouche)
s
m
[XOGO]
Xogo de cartas, de orixe vasca, disputado entre catro xogadores cunha baralla de corenta cartas. Cada xogador dispón de catro cartas que pode cambiar por outras se anuncia o descarte dicindo ‘mus’, sempre que os outros xogadores estean de acordo. Isto pódese repetir as veces que sexa necesario ata que algún xogador diga ‘non hai mus’. A esencia estratéxica do xogo radica na poxa, fase da partida en que cada un fai a súa aposta. O xogo remata cando, logo de diversas xogadas, se conseguen 40 puntos, ou ben cando se fai nunha soa aposta, e outro acepta.