Museo de Iconoloxía Aser Seara
Museo de Iconoloxía Aser Seara
Museo dedicado á arte popular relixiosa, situado na antiga casa dos condes Aldemira, en Allariz. A súa fundación debeuse á doazón da colección privada de arte sacra realizada por Aser Seara á vila. Presenta pezas do s XII ao XIX, principalmente románicas, góticas e barrocas. Destacan a colección de virxes románicas e góticas e as iconas da escola rusa.