Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
Museo da catedral de Lugo, fundado en 1918 e situado en varias dependencias do edificio catedralicio, como a tribuna, a sala capitular e unha dependencia do seminario. A súa colección componse de obxectos e roupas vinculadas á liturxia, restos prehistóricos, romanos, paleocristiáns, inscricións visigodas, arqueoloxía románica e gótica, imaxinaría, pintura academicista dos ss XVIII-XIX, cerámica de Sargadelos e numismática. Entre as súas pezas destaca o Crismón de Quiroga.