Museo Diocesano de Tui
Museo Diocesano de Tui
Museo situado nun antigo hospital de peregrinos e pobres do s XVIII situado preto da catedral de Tui. Creouse en 1974 baixo a iniciativa do bispo José Delicado Baeza. Organízase en tres plantas, ademais de capela, patio interior e sala de exposicións. Mostra restos arqueolóxicos de época prehistórica, romana e medieval da zona do Baixo Miño, unha colección de ourivaría litúrxica e tallas góticas, renacentistas e barrocas. Acolle tamén o arquivo histórico e a biblioteca.