Museu Nacional de Arte Antiga de Lisboa

Museu Nacional de Arte Antiga de Lisboa

Museo de arte antiga fundado en 1884 baixo o nome de Museu Nacional de Belas Artes e Arqueologia, no palacio Alvor-Pombal de Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan do espolio artístico sofrido por numerosos conventos portugueses en 1834; posteriormente incrementáronse con doazóns e novas adquisicións. A súa colección abrangue desde restos arqueolóxicos a obras pitóricas europeas da Idade Moderna, desde o s XII ao XIX, gravados dos ss XIX e XX, así como todo tipo de obxectos preciosos e artes decorativas. En 1911 modificou o seu nome.