Museum of Modern Art
Museum of Modern Art
Nome científico:
[MOMA]
Museo fundado en Nova York en1929 por iniciativa privada. Está situado nun edificio obra dos arquitectos Philip S. Goldwin e Edward Durrel Stone, inaugurado en 1939 (ampliado en 1963). Acolle pinturas e esculturas, pero tamén mostras de artes gráficas, fotografía e deseño, ten unha importante biblioteca de arte contemporánea. Os seus fondos constitúen unha selecta representación da arte occidental desde o impresionismo.