mutacionismo

mutacionismo

(< mutación)

s m [BIOL]

Teoría da evolución formulada por Hugo de Vries en 1900, que expresa que os seres vivos evolucionaron mediante unhas grandes mutacións inesperadas aparecidas en liñas puras, sen intervención da selección natural nin da herdanza dos caracteres adquiridos. A teoría do mutacionismo foi reforzada polas leis de Mendel, que explican o mecanismo mediante o que as mutacións se poden combinar e transmitir á seguinte xeneración.

Palabras veciñas

mutabilidade | mutable | mutación | mutacionismo | mutacionista | mutador | Mutanabbī, al-