Mutriku

Mutriku

Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, situado na costa cantábrica, ao O da desembocadura do río Deba (4.775 h [2001]). A súa economía baséase principalmente na pesca e nas actividades relacionadas con ela, como a salgadura e as conservas. Outras industrias que destacan son as metalúrxicas, as de fabricación de material clínico e a de elaboración de sidra. É un centro de veraneo. Sobresae a igrexa parroquial, de estilo neoclásico.