muxidoira
muxidoira
(< muxir)
s
f
[TECNOL]
Aparato que funciona electricamente e serve para extraer o leite dos tetos do gando doméstico, especialmente das vacas. Xeralmente actúan por succión e presión, combinadas, nos pezóns dos animais e o leite chega a un recipiente hermético a través de catro tubos. OBS: Tamén se denomina muxideira.