muxílido -da
muxílido -da
(< lat científico Mugil)
-
adx
Relativo ou pertencente aos muxílidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos muxílidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes, da orde dos perciformes, que teñen corpo afusado e robusto, cabeza plana pola parte superior, beizos carnosos e dentes pequenos. As diferentes especies son coñecidas co nome xenérico de muxe. Son peixes de costumes peláxicos, moi bos nadadores, que se alimentan de invertebrados e de algas, penetran en augas salgadas e doces e tamén en zonas de polución doméstica e en portos.