Mycobacterium

Mycobacterium
[MONERA]

Xénero de bacterias Gram-positivas, da familia das micobacteriáceas, que son inmóbiles, aerobias e ácido-alcohol resistentes. Inclúe especies saprófitas do solo, onde son importantes porque destrúen a materia orgánica, e dúas especies patóxenas, M. tuberculosis (bacilo de Koch) causante da tuberculose, e M. leprae (bacilo de Hansen), causante da lepra.

Palabras veciñas

Myanmar | Mycelis | Mycena | Mycobacterium | Mycoplasma | Myctophum | Myeik