Mycoplasma

Mycoplasma
[MONERA]

Xénero de bacterias Gram-negativas, da familia das micoplasmatáceas, que carecen de parede celular e presentan un óptimo de crecemento a 37°C de temperatura e pH=7,0. Son quimioorganotróficas, aerobias facultativas e patóxenos dun gran número de animais e plantas. A especie M. pneumoniae é o axente causante da pneumonía atípica primaria.

Palabras veciñas

Mycelis | Mycena | Mycobacterium | Mycoplasma | Myctophum | Myeik | Mykolaitis-Putinas, Vincas