Myrdal, Gunnar Karl

Myrdal, Gunnar Karl

Economista, sociólogo e político sueco. Integrado na corrente socialdemócrata, tivo unha importancia considerable na implantación do denominado modelo sueco. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os problemas do desenvolvemento. Escribiu Monetary Equilibrium (1939), An American Dilemma (1944), An American Dilemma Revisited (1970), Economic Theory and Underdeveloped Regions (1957) e Critical Essays on Economics (1974). Recibiu o Premio Nobel de Economía (1974), compartido con Friedrich August von Hayek.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gustafs, Dalarna

  • Deceso

    Lugar : Estocolmo