Nicomedia

Nicomedia

Cidade de Bitinia, situada en Propóntide (posteriormente mar de Mármara), preto da actual poboación turca de Izmit. Fundada en 264 a C por Nicomedes I, foi capital do Reino de Bitinia, e despois de 74 a C da provincia romana de Ponto e Bitinia. Foi a sede predilecta de Diocleciano, que a embeleceu con basílicas, palacios e pórticos. Durante o s IV foi saqueada polos escitas.