Nippur

Nippur

Antiga vila de Sumer, que está situada a uns 70 km ao SL de Babilonia. Tivo unha grande importancia relixiosa no contexto mesopotámico, posto que era a sé do deus Enlil, e os reis sumerios facíanse coroar nela. Era xa extensa cara ao 2700 a C, e durante o reinado de Ur-Nammu (2113-2096 a C), da dinastía III de Ur, foi construído o gran santuario de Enlil, en uso ata a época neobabilónica (s VI a C). Decaeu a partir do s III.