Nipkow, Paul Gottlieb
Nipkow, Paul Gottlieb
Enxeñeiro alemán. Sendo aínda estudante, en 1883 inventou e patentou o que el denominou “telescopio eléctrico”, aparato destinado a transmitir imaxes en movemento, precursor da moderna televisión. A achega máis orixinal foi a do disco que leva o seu nome, con perforacións dispostas en espiral, que resolvía o problema da exploración mecánica de imaxes.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lauenburg, Pomerania -
Deceso
Lugar : Berlín