Nereo, san
Nereo, san
Eunuco romano. Foi bautizado por san Pedro, xunto con san Aquileo, co que exerceu de camareiro de Flavia Domitila, neta do Emperador Vespasiano. Estando prometida a Aureliano, fillo dun cónsul, os eunucos convertérona ao cristianismo e convencérona de que fixera o voto de castidade. Deportáronos á illa de Poncia e decapitáronos. Segundo o Misal Romano foron dous militares profesionais que desertaron do exército e se converteron ao cristianismo, polo que foron martirizados en tempos de Diocleciano. Sobre o seu sepulcro en Roma, na Via Ardeatina, construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.