Nachtigal, Gustav

Nachtigal, Gustav

Viaxeiro e explorador alemán. En 1863 deixou a medicina militar para seguir as forzas do bei de Tunes nunha expedición contra tribos rebeldes. En 1869, desde Trípoli, chegou a Fezzān e penetrou no Tibesti. Explorou as beiras do Chad e as terras veciñas, Exipto e volveu a Europa (1875). Morreu durante a expedición encargada de delimitar os territorios conquistados polo seu país en África occidental.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Eichstedt

  • Deceso

    Lugar : no mar, preto do golfo de Guinea