nacionalización
(
-
s
f
Acción e efecto de nacionalizar ou de nacionalizarse.
-
s
f
[DER]
Adopción da condición legal de membros ou cidadáns dun estado concreto.
Sinónimos: naturalización. -
s
f
[ECON/DER]
-
Apropiación dos medios de produción ou do capital estranxeiros por parte do estado onde radican estes bens, ou por parte dos membros deste mesmo estado. Dúas resolucións da Asemblea das Nacións Unidas acentuaron o dereito soberano dos estados a dispor libremente das súas riquezas, facendo referencia ao dereito de indemnización.
-
Conversión dun medio de produción en propiedade da comunidade social nos seus diversos graos: municipal, rexional ou estatal.
Confrontacións: socialización. -
Proceso de estatalización que adoita afectar, nos estados occidentais, só a ramas illadas da produción. Faise por expropiación e coa indemnización correspondente. Cando unha empresa ou unha propiedade pasa ao estado por esta vía, aparece para todos os efectos con personalidade xurídica propia e non identificada co estado adquirente, mentres esta non sexa recoñecida expresa e previamente polas partes nun negocio determinado.
-