nada
(< lat [res] nata, ‘[cousa]nacida’)
-
indef
Ningunha cousa.
Ex: Non quere nada.
-
adv
En ningunha cantidade ou moi pouca cousa.
Ex: Non é nada cobizoso.
-
s
m
A non existencia.
Ex: Apareceu do nada.
-
s
m
[FILOS]
Concepto límite con que se designa a negación absoluta, a ausencia do ser, a non existencia ou a destrución de todo ser. O problema do nada foi formulado xa na filosofía grega, que defendeu que malia que o nada non sexa propiamente cognoscible, pódese falar del con referencia só ao ser. A filosofía cristiá proporcionou unha acentuación na positividade do nada coa defensa de que Deus creou do nada, polo que se puido definir esta filosofía, como o punto de partida do nada. A importancia do problema do nada na tradición occidental é patente, por exemplo, nas distincións kantianas sobre o concepto do nada, na identificación que Hegel estableceu entre o nada e o puro ser, e tamén na acentuación que este filósofo fixo da forza positiva da negación na dialéctica, e na ascendencia que o nada atopou no existencialismo con Heidegger e Sartre.
-
adx
m
[ANIMAL]
Persoa que practica a natación.
-
Relativo ou pertencente aos nadadores.
Frases feitas
-
2 Fórmula de cortesía con que se resposta a un agradecemento.
-
case un nada. Un pouco. Ex: Bótame un nada de viño.
-
De nada 1 Expresa pouca cantide ou importancia. Ex: Só lle pedín un anaco de nada.
-
Un nada ou
-
Nada de nada. Nada en absoluto.
-
Nada máis/máis nada. Ningunha cousa máis.
Refráns
- Iso e nada, todo é nada.
- Onde non hai nada a porta está pechada.
- ¿Que ten que ver ninguén co que fai ninguén na casa de ninguén?