nacra

nacra
  1. s f [ANIMAL]

    Molusco lamelibranquio, da superorde dos filibranquios, que ten unha cuncha que pode alcanzar os 80 cm de longo. É o lamelibranquio máis grande do Mediterráneo e habita nos fondos areosos, coa punta da cuncha cravada na area.

  2. s f [MÚS]
    1. Cuncha de caracol mariño que servía de corno e que producía un son estridente.

    2. Timbal que usaban antigamente certas etnias.