Nájera
Nájera
Municipio de La Rioja, bañado polo Najerilla, afluente do Ebro (7.105 h [2001]). É un centro agrícola, de cultivo de viña e hortalizas e de gando lanar. Posúe industria alimentaria e de mobles. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María la Real (s XV), que presenta tres naves, con capelas rectangulares, cruceiro, un claustro gótico (s XVI) e o Panteón Real de varios reis e príncipes de León e de Navarra. Pedro I de Castela o Cruel venceu ao seu medio irmán Enrique II de Trastámara na Batalla de Nájera (1367).