Namp’o

Namp’o

Cidade da provincia de P’yŏngan Meridional, República Democrática Popular de Corea, situada a 50 km ao SO da cidade de P´yŏngsan, no esteiro do río Taedong-gang (715.000 h [estim 1987]). É un antigo e pequeno porto pesqueiro, que polo seu rápido desenvolvemento converteuse en 1897,nun porto aberto. Na industria destacan as refinarías de cobre e de ouro, a construción naval, o vidro e a fabricación de electrodos.