Nanterre

Nanterre

Capital do departamento de Hauts-de-Seine, na rexión administrativa de Île-de-France, Francia, situada na área suburbana de París (84.281 h [1999]). É un centro industrial siderúrxico moi importante. En 1968 iniciáronse os acontecementos revolucionarios que desembocaron no movemento de Maio do 68.