Napoleón III
Emperador de Francia (1852-1870), fillo de Luís de Holanda e de Hortensia de Beauharnais. De nome Carlos Luís Napoléon Bonaparte, foi elixido deputado na Asemblea Constituínte, emprendeu unha campaña propagandística en que alertaba a xente de orde (orleanistas, lexitimistas e católicos) contra o perigo do extremismo da guerra e foi elixido presidente. O 2 de decembro de 1851 deu un golpe de estado, feito que o converteu en xefe absoluto de Francia. Disolveu a asemblea, declarou o estado de sitio, restaurou o sufraxio universal e convocou un plebiscito demandando poderes extraordinarios para ditar unha constitución. O 2 de decembro de 1852, feito o plebiscito, foi proclamado emperador. Simpatizante do saint-simonismo e afeccionado á economía política, tentou mellorar a economía francesa, emprendeu grandes traballos públicos e reurbanizou París. A súa política exterior foi un continuo fracaso e as guerras (Crimea, 1854-1856; ataque a Italia en 1859; expedición a México, 1862-1867) foron impopulares aínda que lle deron a Francia algún triunfo, como Niza e Savoia. O desastre de Sedán fronte a Prusia, en mans de quen caeu prisioneiro (1870), provocou o seu derrocamento e fuxiu a Reino Unido.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Chislehurst