Naqāda Nagāda

Naqāda Nagāda

Xacemento arqueolóxico do Alto Exipto, situado na beira esquerda do Nilo, a uns 20 km ao N de Luxor. Destacan os restos do período predinástico ou eneolítico, clasificados en Naqāda I ou amratense e Naqāda II ou xerceano. A gran riqueza do depósito permitiu a F. Petrie establecer, en 1895, o sistema de cronoloxía relativo Sequences Dates (S.D.), e deu nome a unha época e a un tipo de cultura.