Nara
Nara
Capital do ken de Nara, situada na illa de Honshū, Xapón (362.812 h [1997]). Foi capital de Xapón entre 710 e 784, período esplendoroso no campo das artes que se coñeceu como de Nara no jidai (período Nara). Do seu patrimonio destacan os templos de Hōryūji e de Hokkiji (s VII) e os edificios sagrados de Kofukuji.