Nārāyanganj
Nārāyanganj
Cidade do distrito de Dacca, Bangladesh, situada ás beiras do río Lakhya, na confluencia co Dhaleswari (276.549 h [1991]). É o principal porto fluvial de Dacca, que conecta cos maiores portos interiores e con Chittagong. Xunto con Dacca forma a principal rexión industrial de Bangladesh, con industria téxtil de xute e algodón. Conserva a fortaleza de Bara Bhaiyas, do s XV, e o templo de Lakshmi Narayan Vixnu, do que tomou o nome a cidade.