Narbonense
Narbonense
Rexión histórica do Baixo Languedoc, Occitania, incluída no actual departamento francés de Aude, que vai desde os Corberes ata Hérault. Na Antigüidade constituíu unha provincia romana da Galia meridional (Gallia Narbonensis) e tivo como capital Narbo Martius. Desde o s VIII ata finais do s IX comprendía eclesiasticamente os bispados de Occitania e tamén os cataláns da Tarraconense.