Narciso/Narcisa
Narciso/Narcisa
[ONOM]
Antropónimo que procede do nome persoal grego Νάρχισσος, derivado do idéntico nome común grego da planta, que se remonta por etimoloxía popular a νάρκη ‘sopor, preguiza’. Do grego pasou ao latín como Narcissus, nome frecuente de escravos, libertos e cristiáns da época imperial. Levan este nome san Narciso, bispo de Xerusalén, que se celebra o 29 de outubro, e san Narciso, bispo de Girona, que se celebra o 18 de marzo e o 29 de outubro.