Narcissus

Narcissus
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas bulbosas, da familia das amarilidáceas, de follas radicais cintiformes ou lineais, flores con periantio formado por seis pezas, de cor branca ou amarela, solitarias ou en pequenos ramalletes e de froitos capsulares. Comprenden unha trintena de especies, propias de rexións temperás paleárticas, moitas delas cultivadas en xardinaría. Algunhas das máis representativas, presentes en Galicia, son N. Pseudonarcissus (narciso de montaña), que medra en prados de montaña en toda Galicia; N. pseudonarcissus (narciso trompón), que medra en zonas frescas (beiras de ríos e sotobosques), e N. cyclamineus, especie endémica de Galicia e N de Portugal que florece á beira dos ríos e regatos entre febreiro e abril.

Palabras veciñas

Narciso, san | Narciso, san | Narciso/Narcisa | Narcissus | narco | narco- | narcoanálise