Nash, John Forbes
Nash, John Forbes
Economista e matemático estadounidense. Escribiu Equilibrium points in N-Person Games (1950) e en 1994 foille outorgado o Premio Nobel de Economía, compartido con J. C. Harsanyi e R. Selten, polos seus estudos do equilibrio na teoría dos xogos competitivos, onde se analizaban as situacións en que un ou máis axentes económicos toman decisións independentes que afectan ao seu benestar. O punto de equilibrio prodúcese en situacións estáticas, cando algún dos axentes económicos non ten incentivos para cambiar de estratexia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bluefield, West Virginia