natchez

natchez
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo natchez.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo natchez.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo do grupo muskogee que habitaba no baixo Mississippi. Practicaban unha agricultura sinxela, estaban divididos en castes e o seu sistema social era matrilineal e exogámico. No s XVIII foron case totalmente exterminados (1731) polos franceses.

Palabras veciñas

natantio -tia | natatorio -ria | Nataxa | natchez | nateira | Nateira | nateiro