Nateira
Nateira
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que se estableceu en Andalucía. Presenta as variantes Natera, Natero e Nateiro. As súas armas traen, en campo de prata, unha banda de sinople engolada en dragantes do mesmo, acompañada de tres cunchas de vieira de sinople, dúas no alto e unha embaixo; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.