National Bureau of Standards
National Bureau of Standards
Nome científico:
[NBS]
Principal organismo federal estadounidense para a investigación científica en física, química, metalurxia e enxeñaría. Fundouse en 1901 para supervisar os métodos e os patróns de medir empregados no país e para investigar. Consta de catro centros principais: o Laboratorio Nacional de Medidas, o Laboratorio Nacional de Enxeñaría, o Instituto para as Ciencias da computación e a tecnoloxía e o Centro para a ciencia dos materiais, repartidos nas instalacións de Gaithersburg (Maryland) e Boulder (Colorado).