National Geographic Magazine

National Geographic Magazine
[PUBLIC]

Revista estadounidense publicada en Washington a partir de outubro de 1888 como voceiro da National Geographic Society, constituída nove meses antes. Baixo a presidencia de Gardiner G. Hubbart, comezou como un diario erudito e sen ilustracións que evolucionou cara á cor e ás reportaxes fotográficas realizadas por fotógrafos de renome internacional. Creada para aumentar e difundir o coñecemento xeográfico e estimular a exploración, inclúe reportaxes de historia, ciencia e conservación do medio. Cunha periodicidade mensual, distribúese en todo o mundo.